kids encyclopedia robot

Image: Campo de Coia

Kids Encyclopedia Facts
Original image(1,736 × 1,227 pixels, file size: 305 KB, MIME type: image/jpeg)

Description: Campo de Coia 1908-1923 "A Catedral". O primeiro campo de fútbol no que xogou o Real Club Celta de Vigo foi o xa desaparecido Campo de Coia (101 x 60,5 metros). Inaugurado o 9 de febreiro de 1908, cun encontro entre dous equipos formados polos socios do Vigo F.C.. O campo estaba ubicado na zona que comprende hoxe en día o centro comercial Toys"R"us e a rúa Coruña, pechado polas instalacións das empresas Candeira Estens S.L. adicada a madeira e a conserveira Albo e con entrada principal pola rúa Coruña, enfronte da fábrica La Artística, aquí podedes ver o Campo nesta imaxe de arquivo. Nese campo disputou os seus encontros o Vigo Sporting Club ata 1923, intre no que pasaría a mans do R.C.Celta de Vigo, e que disputaría en Coia os seus partidos ata decembro de 1928. Como locatario deste campo atopábase o Vigo Sporting Club, e preto déste tiña o seu propio campo tamén o Fortuna, este último máis preto do mar, onde hoxe en día se atopa a coñecida fábrica de conservas Alfageme, coñecido como Campo de Bouzas. No campo de Coia tamén se celebraron concursos hípicos, xincanas e todo tipo de probas deportivas. Neste estadio, a afección viguesa puido gozar dos primeiros éxitos dun Celta que se alzou en moitas ocasións co Campionato Galego. Polas instalacións de Coia tamén se deixaron ver equipos da talla do West Ham inglés, ou seleccións como Portugal, España ou Uruguai, esta última, que posteriormente se proclamaría campioa olímpica en París. Unha data que se atopa na memoria dos máis antigos, foi a do 3 de decembro de 1928; disputábase en Coia un encontro do Campionato Galego, no que o Celta acadaría un 13-0 no derbi por excelencia do noso fútbol. Ese día, o R.C.D. de La Coruña recibíu a maior goleada conseguida entre ambos equipos en toda a historia en competición oficial, xa que naqueles tempos non existía a Liga, e os torneos oficiais que existían eran a Copa de España e os Campionatos Galegos. O último partido xogado en Coia foi o 9 de decembro de 1928, nunha eliminatoria da Copa de España; sería o partido de ida de oitavos de final, rexistrándose o resultado de R.C. Celta 2 - Athletic de Bilbao 1. O Campo de Coia, tamén tivo a honra de ser sede dunha Final de Copa de España, entre os equipos do Real Union de Irún e o F.C.Barcelona, o 14 de maio de 1922.
Title: Campo de Coia
Credit: Own work
Author: Taberna do Celta
Usage Terms: Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0
License: CC BY-SA 4.0
License Link: https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0
Attribution Required?: Yes

The following page links to this image:

kids search engine